Show newer

A reincorporación de profesorado ás aulas a partir do luns significa tirar pola borda a adaptación á teledocencia e implicará un caos organizativo que a Consellaría aínda está a tempo de evitar
No Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral púxose de manifesto que a Xunta non quere dar marcha atrás na reapertura das clases presenciais e nin sequera aceptou dar unha marxe de tempo dunha semana para os propios centros se organizaren.

cig-ensino.gal/nova/a-reincorp

A CIG-Ensino defende o mantemento da teledocencia até finais de curso e avoga porque sexa o criterio docente o que determine a presencialidade do alumnado nos centros educativos.

Coas medidas organizativas presentadas hoxe pola Consellaría de Educación desbótase todo o esforzo realizado pola comunidade educativa para a implantación da teleformación, incluída a recente adaptación das programacións didácticas.

cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensi

A CIG-Ensino non ve factíbel a volta ás aulas este curso e insta a traballar na adaptación e necesidades que se prevén de cara ao próximo ano.‬
‪Os responsábeis da Consellaría presentáronse á reunión sen ningún tipo de proposta.‬
‪cig-ensino.gal/nova/a-cig-ensi
‪ ‬

📌👷‍♀️O lema escollido, "Protexamos a clase traballadora, non o capital. Por unha Galiza soberana e con futuro", apela á necesidade de contármonos con medidas que garantan a nosa saúde ante a pandemia da Covid19, mais tamén á urxencia de virar as políticas para que a crise social e económica derivada da emerxencia sanitaria non volva recaer sobre a clase traballadora e as maiorías sociais.

🚩

Show thread

📢🚩A clase traballadora galega celebra o 1º de Maio reclamando protección fronte ao capital e unha Galiza soberana e con futuro.

🎦Vídeo coa declaración da CIG neste : youtu.be/ECV9ogr2ITk
ℹ️+INFO: cig.gal/nova/1maio2020.html

🗣️🚩A Internacional soou este mediodía dende as fiestras de Galiza, onde tamén ondearon bandeiras vermellas e da patria, nunha acción reivindicativa convocada pola CIG para conmemorar este Día Internacional da Clase Traballadora.

Información da Mesa Sectorial sobre aprazamento das oposicións 2020
Acepta a nosa solicitude de agardar a resposta antes de publicar a orde.
A Xunta manterá o prazo de inscrición se non se modifica o Real Decreto de Ingreso por parte do Ministerio.
cig-ensino.gal/nova/opos-mesa.

📌. Día Internacional da Clase Obreira
💪Protexamos a clase traballadora, non o capital!
✊🏻Por unha Galiza soberana e con futuro
⛔Contra o empobrecemento e o roubo de dereitos
📢Fagamos escoitar as nosas demandas!
➡️i.gal/1demaio

No inquérito constátase a fenda dixital e social do alumnado galego, que a teleformación, malia os esforzos docentes, non pode dar resposta á atención á diversidade e que unha amplísima maioría do profesorado comparte a idea dunha promoción de curso aberta a excepcionalidades -que deben ser observadas polo equipo docente e sen que dependa do coronavirus- e critica a indefinición e a falta de instrucións claras por parte da Consellaría de Educación.

Show thread

Un 61% do profesorado afirma ter problemas para conectar co seu alumnado e a práctica totalidade suspende a actuación da Consellaría nesta crise.

Os datos extráense dunha enquisa realizada pola CIG-Ensino entre o día 11 e o 16 de abril e que contou coa participación de 6.352 docentes.

cig-ensino.gal/nova/informe-en

🚨Carril demanda garantías reais de protección social e a reincorporación das persoas traballadoras temporais despedidas non incluídas nos ERTES

📌Reclama das administracións que se faga efectivo o pago das prestacións e os salarios pendentes de cobrar

🔈Escoita a entrevista a Paulo Carril na Radio Galega este 18/04: bit.ly/2xHOx2V

➡️Accede á nova: bit.ly/2VH9frA

‪Novas instrucións provisionais da Consellaría.‬
‪Para estas instrucións non era necesaria a espera.‬
‪cig-ensino.gal/nova/novas-inst

F.A.Q.: ⁉️

ℹ"Coronavirus e persoal especialmente sensíbel" *[ACTUALIZADO]*

⚠Que facer se pertences a un grupo de risco? (doenzas previas, gravidez🤰🏻, maiores de 60 anos👵🏻)

ℹ➡cig.gal/covid19
ou bit.ly/2WokAyN

Tíñavos esquecidas, se é que alguén me le por aquí.
Tentaremos volver regularmente.

Convocada mesa sectorial da convocatoria Oposicións para o mates 18.
O borrador non inclúe o reparto de prazas por especialidades que serán anunciadas o mesmo martes.

cig-ensino.gal/nova/convocada-

Show older
Mastodon

Server run by the main developers of the project 🐘 It is not focused on any particular niche interest - everyone is welcome as long as you follow our code of conduct!