Benvidxs á conta oficial da Mesa en Mastodon
@amesanl Benvidos ao fediverso! Hai un nodo galego (https://mastodon.gal) por se queredes mudarvos
@nacho en que se diferencian?
@amesanl En Mastodon hai tres liñas de tempo diferentes. A túa baseada na xente que segues, a federada que sería algo así como unha liña de tempo combinada do que seguen todos os usuarios nodo e por último a local que é o conxunto das publicacións dos usuarios dese nodo. Como Mastodon.gal está centrado na lingua e cultura galega aí teriades unha liña local moito máis relevante ca en .social. E ao estaren federados calquera usuario de Mastodon vos podería seguir igualmente.