Veño de rematar Ítaca, de María Besteiros, finalista nos XLI premio xerais de novela e quedei coma se eu tamén realizase unha longa e fonda viaxe interior. A obra dialoga coa Odisea a través das súas protagonistas: Penólooe, Telémaco (voces principais) e Ulises, que pasa a ocupar un espazo secundario. Ítaca, a bebé-soño e a bebé-morte, o lugar de espera, dor e coñecemento. Unha escrita sumamente lírica da maternidade, da perda e do renacer. Penélope toma o rumbo da súa vida, "eu tamén navegar".
O corpo, as súas formas, os seus pregues, todo canto sucede dentro e fóra del, delimita o tempo. Unha achega á reinterpretación do mito de Penélope desde a maternidade. Lin hai tempo a tese de María Besteiros sobre as maternidades Nas autoras galegas contemporáneas e foi a miña primeira achega aos seus textos, á que seguiron artigos académicos. Despois in Zoonose e A lista da compra. Unha escrita poderosa que remove.